











|
|
3er
Encontro Empresarial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible.
www.pmH2.com
Santiago de Compostela. 13-15 de Novembro de 2007
Santiago de
Compostela
Santiago
de Compostela foi declarada en 1985 Patrimonio Cultural da Humanidade
pola UNESCO. Destaca Santiago pola súa beleza urbana, polo seu conxunto
histórico monumental articulado en torno ao sepulcro de Santiago, e por
ser o principal centro de peregrinación da cristiandade.
Polo seu carácter de cidade universitaria, por ser o capital de Galicia,
e por ser un importante destino turístico, Santiago de Compostela
converteuse nunha cidade dunha importante actividade cultural e social.
Máis información, por exemplo, en
www.santiagoturismo.com
O
Encontro celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, na
rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n (CP 15707), a apenas 3 quilómetros do
centro histórico. Máis información sobre o Pazo en
www.palaciosantiago.com
como chegar?
 |
A pé
(en bicicleta ou a cabalo). Dende o século XI Santiago de Compostela
foi destino de peregrinación. Hoxe en día, numerosas rutas (ben
sinalizadas, documentadas, e provistas de servizos) conflúen en
Santiago, provenientes de diversas orixes nacionais e europeas.
Aínda que probablemente sexa a forma de chegar a Santiago de
Compostela con máis "encanto", existen outras formas bastante máis
rápidas. |
 |
En
coche. Situada na autoestrada do atlántico AP-9, enlazada coa rede
de autoestradas españolas (Madrid-Coruña A-6 e Autoestrada das Rías
Baixas A-52) |
 |
En
tren. Con trens diarios dende Madrid (3) e Bilbao. |
 |
En
avión. O aeroporto de Santiago de Compostela (a 10 km do centro
urbano) ten boa oferta de voos directos dende distintos aeroportos
nacionais e europeos. |
onde
durmir?
Santiago de Compostela conta cunha magnífica oferta de hospedaxe,
baseada no seu innegable tradición de cidade de acollida.
O Hotel
Tryp San Lázaro atopase a poucos metros do lugar onde se celebrará o
Encontro, e ofrece aos participantes no Encontro a seguinte oferta:
 |
50 €
+ ive, o Cuarto Dobre Uso Individual en Réxime de Aloxamento. |
 |
60 €
+ ive, o Cuarto Dobre Uso Individual en Réxime de Aloxamento e
Almorzo. |
 |
70 €
+ ive, o Cuarto Dobre en Réxime de Aloxamento e Almorzo. |
Para
beneficiarse da oferta hai que contactar con Joaquín González (Tlfno:
981551000 / Fax: 981571141 / e-mail:
joaquin.gonzalez@solmelia.com)
indicando a participación no Terceiro Encontro Sectorial do Hidróxeno e
as Pilas de Combustible. A oferta é válida para unha cota limitada de
cuartos, polo que se recomenda efectuar a reserva coa maior anticipación
posible.
|
|
 |
Patrocinadores: |
|
|