
3er
Encontro Empresarial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible.
www.pmH2.com
Santiago de Compostela. 13-15 de Novembro de 2007
Relatorios
Aquelas empresas ou institucións que o desexen, teñen a posibilidade de
realizar un relatorio oral onde presentar a súa visión estratéxica en
hidróxeno e pilas de combustible, detallar os desenvolvementos
realizados ou as liñas de actividade abertas, ou describir os produtos
e/ou servizos que ofrecen. Os relatorios deben ser institucionais,
describindo as actividades, produtos ou servizos xerais, non un
desenvolvemento concreto.
Para
solicitar un relatorio, hai que enviar un documento en MS Word (extensión
.doc) á dirección de correo electrónico info@pmH2.com
cunha descrición dos desenvolvementos realizados, as liñas de actividade
abertas, e os produtos, servizos ofertados, ou as posibilidades de
colaboración (mínimo 250 palabras, máximo 1000 palabras, sen imaxes,
esquemas nin táboas, só texto), e en arquivos separados o logotipo da
empresa e dúas fotografías (imaxes ou esquemas) representativas. A
devandita información aparecerá na "Guía Sectorial do Hidróxeno e as
Pilas de
Combustible". Só se poderán expoñer os relatorios que
fosen admitidos pola organización do Encontro. Data tope para mandar
propostas de relatorios: 31 de Outubro de 2007.
Para
realizar un relatorio oral, unha vez admitido, hai que inscribirse no
encontro con inscrición normal, ou de socio da AeH2, pero non é posible
facelo con inscrición de estudante, para un só día ou exclusivamente á
exposición comercial.
Recoméndase aos relatores, que participen no Encontro cun patrocinio, xa
que a tarifa é moi vantaxosa ao ter o triplo papel de expositor, relator
e patrocinador.
Pódense ver as condicións detalladas para o relatorio no
manual do participante.