3er Encontro Sectorial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible.  www.pmH2.com  
 
 
 
Patrocinios

Sede
Historia
Programa
Participación
Pósteres
Relatorios
Exposición
Patrocinios
Tarifas
Inscricións
Contacto
Entrevistas

 

 


3er Encontro Empresarial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible. www.pmH2.com Santiago de Compostela. 13-15 de Novembro de 2007

Patrocinios

A celebración do Terceiro Encontro Sectorial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible é posible grazas á colaboración de empresas que decidiron involucrarse patrocinando.
 

Os posibles patrocinadores atoparán na fórmula de patrocinio as seguintes vantaxes:

 

bullet

Crea e reforza lazos de colaboración entre os organizadores e os patrocinadores de cara a futuras actividades de interese mutuo.

bullet

Unha publicidade moi dirixida ao seu público obxectivo (profesionais do hidróxeno e as pilas de combustible).

bullet

Unha presenza importante do logo e do nome en toda a información referente ao Encontro.

bullet

Facer patente a implicación do patrocinador nas tecnoloxías do hidróxeno e as pilas de combustible, e particularmente a súa colaboración con entidades do sector.

bullet

Ter dereito ás vantaxes para os patrocinadores de acordo ás condicións de patrocinio.


As seguintes empresas xa confirmaron o seu patrocinio ao Encontro Sectorial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible 2007:

 

      Contacto  

                                     

 

Outras empresas ou institucións que queiran ter un papel destacado no Encontro Sectorial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible poden facelo a través do patrocinio. O patrocinio é un xeito de gañar visibilidade e permite que a marca se asocie ao apoio a actividades de interese xeral.

Existen dúas formas de patrocinio:
 

bullet

Patrocinio normal: Especialmente axeitada para aquelas empresas que queiran ter un triplo papel no Encontro, como relatores, expositores e patrocinadores. A tripla participación dá unha gran visibilidade:

logotipo do patrocinador aparecerá na documentación do Encontro: web www.pmH2.com, folleto, libro e CD de relatorios.
Unha inscrición gratuíta, con acceso ao Encontro Sectorial e á exposición comercial, e desconto do 20% nas seguintes inscricións
O patrocinador poderá intervir gratuitamente cun relatorio no Encontro Empresarial.
O patrocinador disporá dun stand de 6 m2.
50 invitacións gratuítas para a zona de exposición para os seus clientes.

Importe: 1.300 € (+16% de IVE)

 

bullet

Patrocinio especial: Máis axeitado para empresas e institucións que queiran que o seu logotipo ou nome teña gran visibilidade na información e documentación do congreso. As condicións desta categoría de patrocinio son:

O logotipo do patrocinador terá unha presenza moi destacada na documentación do Encontro, aparecendo na portada de: a
web www.pmH2.com, o folleto, o libro e o CD de relatorios.
O nome dos patrocinadores de categoría
Especial aparecerá de xeito destacado nas notas de prensa realizadas pola organización do evento.
Dúas inscricións gratuítas, con acceso ao Encontro Empresarial e á exposición comercial e desconto do 25% nas seguintes inscricións..
O patrocinador poderá intervir gratuitamente cun relatorio no Encontro Empresarial.
O patrocinador disporá gratuitamente dun
stand de 6 m2 e desconto do 50% no aluguer dos espazos adicionais.
Se o patrocinador o desexa distribuirase na documentación do congreso a todos participantes folletos ou outro material sobre a súa empresa que facilite.
200 invitacións gratuítas para a zona de exposición, para os seus clientes.

Importe: 5.000 € (+16% de IVE) para patrocinios formalizados posteriormente.
 

Así mesmo, calquera outra proposta de patrocinio ou colaboración (en efectivo ou en especie) que se presente á organización, será estudada e contestada.

 

Para participar como patrocinador hai que enviar unha mensaxe de correo electrónico a info@pmH2.com indicando datos de contacto, tipo de patrocinio, nome da empresa patrocinadora segundo se quere que apareza e logotipo.

 

Pódense ver as condicións detalladas para o patrocinio no manual do participante.

 

   
Patrocinadores
Listado de patrocinadores da terceira edición do Encontro Sectorial:

x AIR LIQUIDE

x AJUSA

x BESEL

x BOEING RESEARCH & TECHNOLOGY EUROPE

x CARBUROS METÁLICOS

x ELCOGAS

x FITSA

x FUNDACIÓN  HIDRÓGENO EN ARAGÓN

x HYNERGREEN

x IBERFLUID INSTRUMENTS

x PDC MACHINES

x PLUG POWER

x SWAGELOK IBÉRICA

x VEA

 
   

            

     

 

   
 ARIEMA © 2007. www.ariema.com  Todos os dereitos reservados