3er Encontro Sectorial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible.  www.pmH2.com  
 
 
 
Participación

Sede
Historia
Programa
Participación
Pósteres
Relatorios
Exposición
Patrocinios
Tarifas
Inscricións
Contacto
Entrevistas

 

 


3er Encontro Empresarial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible. www.pmH2.com Santiago de Compostela. 13-15 de Novembro de 2007

Formas de Participación

O Encontro Sectorial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible permite distintos tipos de participación, segundo os intereses que se persigan.

 

1. Inscritos

Axeitado para persoas que estean interesadas en adquirir coñecementos sobre tecnoloxías de hidróxeno e pilas de combustible, sobre todo das capacidades, progresos, resultados e produtos das distintas empresas e institucións.

 

Todos os asistentes están convidados a concertar reunións privadas con calquera dos relatores, co obxecto de en solicitar información ou realizar propostas de colaboración de xeito confidencial. A organización do Encontro porá os medios necesarios (contacto, axendas, e salas) para a xestión das reunións privadas.

 

Hai tarifas especiais para estudantes, e tamén para as persoas que asistan só un día ao encontro. Hai tamén unha tarifa especial para as persoas que asistan unicamente á visita á exposición comercial.

 

2. Relatores póster

As persoas que queiran expoñer resultados obtidos nalgún proxecto de I+D en hidróxeno e pilas de combustible, ten a oportunidade de facelo mediante un póster, que deberá ser admitido pola organización do Encontro.

 

Para expoñer un póster hai que inscribirse no encontro con inscrición normal, de socio da AeH2 ou de estudante, pero non é posible facelo con inscrición para un só día ou exclusivamente á exposición comercial.

 

Hai que enviar un documento en MS Word (extensión .doc) á dirección de correo electrónico info@pmH2.com cunha descrición dos resultados do proxecto (mínimo 250 palabras, máximo 1000 palabras, sen imaxes, esquemas nin táboas, só texto). A devandita información aparecerá na "Guía Sectorial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible". Só se poderán expoñer os traballos que fosen admitidos pola organización do Encontro. Data tope para mandar propostas de póster: 31 de Outubro de 2007.

 

3. Relatores orais

Aquelas empresas ou institucións que o desexen, teñen a posibilidade de realizar un relatorio oral onde presentar a súa visión estratéxica en hidróxeno e pilas de combustible, detallar os desenvolvementos realizados ou as liñas de actividade abertas, ou describir os produtos e/ou servizos que ofrecen. Os relatorios deben ser institucionais, describindo as actividades, produtos ou servizos xerais, non un desenvolvemento concreto.

 

Para realizar un relatorio oral hai que inscribirse no encontro con inscrición normal, ou de socio da AeH2, pero non é posible facelo con inscrición de estudante, para un só día ou exclusivamente á exposición comercial.

 

Hai que enviar un documento en MS Word (extensión .doc) á dirección de correo electrónico info@pmH2.com cunha descrición dos resultados do proxecto (mínimo 250 palabras, máximo 1000 palabras, sen imaxes, esquemas nin táboas, só texto), e en arquivos separados o logotipo da empresa e dúas fotografías representativas. A devandita información aparecerá na "Guía Sectorial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible". Só se poderán expoñer os relatorios que fosen admitidos pola organización do Encontro. Data tope para mandar propostas de relatorios: 31 de Outubro de 2007.

 

4. Expositores

Aquelas empresas ou institucións que queiran mostrar os seus equipos nun stand, alternativa ou complementariamente ao relatorio oral, poden participar na exposición comercial.

 

O stand estándar é de 6 metros cadrados (3 m x 2 m), aínda que aquelas empresas que o desexen poden contratar varios módulos estándar ou contratar simplemente o espazo para colocar o seu propio deseño de stand. O mobiliario necesario alúgase separadamente.

 

5. Patrocinadores

As empresas ou institucións que queiran ter un papel destacado no Encontro Sectorial do Hidróxeno e as Pilas de Combustible poden facelo a través do patrocinio. O patrocinio é un xeito de gañar visibilidade e permite que a marca se asocie ao apoio a actividades de interese xeral.

 

Existen dúas formas de patrocinio:

bullet

Patrocinio normal. Especialmente axeitada para aquelas empresas que queiran ter un triplo papel no Encontro, como relatores, expositores e patrocinadores. Aínda que o logotipo ou o nome do patrocinador normal non aparece tan destacado como o do patrocinador especial, a tripla participación dá unha gran visibilidade, e o importe da tarifa para este tipo de patrocinio é moi económico.

bullet

Patrocinio especial. Máis axeitado para empresas e institucións que queiran que o seu logotipo ou nome teña gran visibilidade na información e documentación do congreso.

 

Así mesmo, calquera outra proposta de patrocinio ou colaboración (en efectivo ou en especie) que se presente á organización, será estudada e contestada.

 

   
Patrocinadores:

 

 

 

 

 

Contacto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

            

     

 

   
 ARIEMA © 2007. www.ariema.com  Todos os dereitos reservados