
3er
Encuentro Sectorial del Hidrógeno y las Pilas de Combustible.
www.pmH2.com
Santiago de Compostela. 13-15 de Noviembre de 2007
Entrevistas bilaterais privadas
Con obxecto de facilitar
o intercambio de información confidencial entre os participantes no
Encontro Sectorial, a Organización ofrece o servizo de concertación de
entrevistas privadas.
¿Quen pode solicitar unha entrevista bilateral privada?
Calquera participante inscrito no Encontro Sectorial, que desexe coñecer
máis a fondo e de forma confidencial os produtos, servizos ou
actividades das empresas do sector.
¿Con quen se pode solicitar unha entrevista bilateral privada?
Con calquera patrocinador, expositor ou relator dos que
interveñan no Encontro (ver lista abaixo).
¿Como
se pode solicitar unha entrevista?
1. Se se solicita con
anterioridade ao 7 de novembro. Completando o formulario que aparece
nesta páxina.
2. Durante o propio
Encontro Sectorial, por escrito na zona de rexistro segundo o formulario
que se pode descargar aquí ou que se poderá recoller directamente alí.
¿Como se
xestiona?
A Organización
encargarase de concertar a entrevista facilitando os datos recibidos ao
representante da institución que se quere entrevistar. Unha vez postas
de acordo ámbalas partes, facilitarase unha mesa para reunións á hora
convida.
Formulario de solicitude de entrevistas